Quénes somos

Centro de Día Xestal. En familia

Tanto os nosos maiores e os seus familiares como os noso equipo de profesionais formamos unha grande familia.

Somos un centro onde todos nos apoiamos, escoitamos, rimos, convivimos… nun ambiente moi agradable e acolledor. A nosa prioridade é o benestar e a saúde de tódolos membros do noso centro.

Estamos para axudar ás persoas necesitadas e ás súas familias que precisan moito apoio, e nos podemos ofrecerllo coa nosa proximidade e comprensión.

Modernidade e ilusión

Creado a principios do 2020 no corazón de Galicia

Un equipo de profesionais desbordantes de ilusión por coidar e escoitar nunhas instalacións novas e modernas no corazón das Fragas do Eume, en San Fiz de Monfero (A Coruña),

Centro de Día para Persoas Maiores Xestal con licencias R.U.E.P.S.S. E-6952 e REGASA 9803.1985/C está concebido para fomentar a integración social das persoas maiores do noso concello e dos concellos limítrofes (Vilarmaior, Aranga, Paderne o Irixoa entre outros) e así favorecer o mantemento da súa comunidade, durante o maior tempo posible e nas mellores condicións de saúde.

Servizos especializados

Máis de 10 servizos a disposición dos nosos usuario. Traballamos para mellorar a súa calidade de vida, ofrecendo un plan terapéutico individual. Fomentaremos tanto o traballo individual coma o grupal, atendendo ás necesidades de cada persoa, e adaptándonos á súa autonomías
Un equipo profesional e humano

Un equipo profesional e humano

Tamén contamos con colaboradores/as externos como: risoterapeutas, pintores, educadoras, historiadoras, etc.

Un equipo dinámico, inquieto, alegre e altamente cualificado caracterizado por unha forte vocación, especialización e firme compromiso ético. Prestamos un servicio profesional e humano de calidade centrando todos os nosos esforzos nos usuarios.

Fórmano persoas comprometidas, con valores baseados no respeto e admiración polos nosos maiores. Co obxetivo principal de manter e mellorar a calidade de vida dos usuarios a través dunha intervención persoalizada, con perfil terapéutico pero tamén social e familiar.

Co apoio da Administración Pública

Participamos no Plan de Empleo Local pola nosa xestión e estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento sostible do territorio, fixando poboación nos concellos da provincia e contribuíndo a un crecemento sostible dos mesmos promovendo a creación de emprego a nivel local especialmente no ámbito rural.

O noso obxetivo é

garantizar a mellor calidade de vida para os nosos maoires con profesionais con experiencia é a nosa forma de responder á deuda que temos con eles
animationanimation